sábado, 6 de octubre de 2012

De pasivo a activo


No internet actual o importante xa non é so a información ou os contidos, que tamén o seguen a ser, pero o usuario pasa a ter un papel moito máis activo e crucial. A aparicións das redes sociais, de páxinas  p2p (serven para almacenar información entre varios ordenadores), crowdsourcing ( serve para esternalizar o traballo), podcast ( permite subir a internet arquivos de audio propios a páxinas como ivoox.com) ou streaming (fenómeno que utiliza rojadirecta.me)…
                                                    
Todo isto permite ao usuario formar parte de internet dunha maneira activa e pasar a ser o verdadeiro protagonista.  “Paso dunha internet de información á unha internet da conversa”, David Sifry, fundador de Technorati. Ademais, do propio papel activo do usuario, calquera cidadán pode crear a seu propio recuncho na web, xa sexa en forma de blog ou páxina web, sen necesidade de recursos económicos e duns coñecementos avanzados de informática. Plataformas como Blogger ou Wordpress fan accesible a todo o mundo un altofalante para comunicar o que cada un queira ao mundo. Incluso, a base de moito traballo e outros con moita sorte, moitos bloggers e artistas (por medio de Youtube principalmente) chegaron a gañarse a vida co que noutro hora era un simple Hobby. Fenómenos como Justin Bieber son fruto da web 2.0 e cada día, moitas persoas anónimas pasan a gañarse a vida grazas  a este instrumento. En forobeta.com ( un foro de webmaster e blogger) existen miles de exemplos de persoas que, simplemente creando blogs, escribindo neles e incorporando publicidade aos mesmos, logran gañarse a vida, ou polo menos, unha axuda económica importante mediante iso.

A cuestión é, non onde se atopa agora mesmo internet, se non hacia donde camiña. É dicir, ¿ cal será o límite de liberdade e de participación que terá o usuario nun futuro?

No hay comentarios:

Publicar un comentario