sábado, 29 de septiembre de 2012

Análise da marcha/s rodear el Congreso


¿Qué pasou onte (25/9/12) en Madrid?

Varios miles de persoas acudiron a convocatoria da plataforma “En Pie” e da  coordinadora do 25S para rodear o Congreso dos Diputados de forma pacífica, como forma de protesta pola situación económica e social de España. Finalmente, rexistráronse varios altercados coas forzas de seguridade do estado e 64 manifestantes e 2 policías acabaron feridos.

¿Qué papel xogou a policía?

A policía respondeu de maneira desproporcionada aos intentos de algúns manifestantes de acercarse o máis posible ao Congreso. A actuación policial foi moi discutida e, según demostran varios videos, varios dos antidisturbios non cumpliron con algunha das súas obrigas (por exemplo ensinar o número de placa a calquera cidadán que así o esixa).

¿Qué papel xogaron os manifestantes?

Pequenos grupos de manifestantes tentaron pasar as vallas e barreiras impostas pola policía. Ademais, algúns encarapuchados enfrontáronse de forma directa a policía. A pesar de todo, a maioría dos manifestantes tiveron unha atitude totalmente pacífica.


Qué papel xogou a clase política? ¿Cantos diputados asistían ao pleno?

O Partido Popular descalificou a protesta. Dende o PSOE, a súa Portavoz, Soraya Rodríguez, falou de fractura social en España. Pola súa parte, Izquierda Unida mostrou o seu apoio aos manifestantes nas intervencións dos seus diputados. Por último, UPyD aproveitou para defender unha proposición no de lei para dar transparencia aos soldos públicos. A proposición foi rexeitada. So asistiron 50 diputados ao pleno. 

Qué pasou no pleno do Congreso?

Falouse sobre a fractura territorial que existe entre España e Cataluña, sobre todo, se finalmente se convoca un referéndum para preguntar aos cataláns se desexan a independencia de Cataluña con respecto a España. Ademais, UPyD defendeu unha proposición no de lei para dar transparencia aos soldos públicos.  A proposición foi rexeitada.


Por qué foi a concentración. Quen chamou á concentración?

Plataforma “En Pie” e a coordinadora del 25S. Ambas son dúas organizacións nadas en internet e que, utilizando as redes sociais e os seus blogs, convocaron a cidadanía para que rodease o Congreso o 25 de setembro.

Onde vistedes as noticias?

Elpais.com


Cómo valorades esa información recibida?

Moi boa, completa, variada e con moitos enlaces externos, algo que neste caso, sobre todo con videos da manifestación, incrementa a calidade da información.


Qué lle faltaba a esa información?

Quizáis algunha declaración de algún policía que estivera na manifestación, pero aínda así, a información é polifónica e de gran calidade.


Qué consecuencias ou qué lectura se pode facer ou entresacamos da concentración / manifestacións?

O descontento da cidadanía española é cada vez maior. O principal problema deste tipo de manifestacións é a falta dun obxetivo concreto, son protestas que piden un cambio político, pero non está claro cal é ese cambio que esixen os manifestantes. Este movemento social (que continúa nestes días con máis manifestacións) únese a outros semellantes como o movemento 15M. É dicir, non é algo pioneiro, senón que é a continuidade dun movemento social previo.


¿Qué outras preguntas habería que facerse?

As manifestacións, pese a ser numerosas, non acadan un número de manifestantes demasiado representativo, é dicir, ¿pódese falar de que a opinión dos manifestantes e a opinión da maioría dos españois?.

Outro tema que se debe desenvolver é se estas manifestacións serán cada vez máis numerosas e violentas (cada día o odio a policia é maior sobre todo entre os máis novos). Ademais, as predicións económicas non albiscan unha melloría, o que se traduce en maior descontento social.

Por último débese debater sobre se este tipo de manifestacións vai a ter algún tipo de consecuencia política ou se pola contra, tan so serán unhas protestas sen repercusións importantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario